Monday 29 de April de 2024

Frades e Mesía, novas paradas para a xincana lingüística


 

O Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes continúa adiante coa súa xincana lingüística. Nesta ocasión foi a quenda para os nenos e nenas dos concellos de Frades e Mesía, quen a través de distintas probas e retos foron conseguindo letras coas que compoñer distintas palabras en lingua galega. Un bo xeito de aprender, promocionar o uso do galego e divertirse en grupo.